jueves, 24 de septiembre de 2020

CONTOS PARA PASALO DE MEDO

 Hoxe os nenos e nenas de 4º , 5º e 6º acudimos á Casa da Cultura , convidad@s pola Biblioteca da Capela , para asistir ao  espectáculo " Contos para pasalo de medo " , a cargo de Carmen Domech .

Foi unha hora de diversión e... tampouco tivemos tanto medo , xa que somos moi valentes !




















jueves, 4 de junio de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente

O vindeiro 5 de xuño celébrase o Día Mundial  do Medio Ambiente .
Dende o museo da Capela anímannos a participar . Botádelle un ollo ao vídeo :


lunes, 25 de mayo de 2020

lunes, 11 de mayo de 2020

Mantente en forma !

Aquí tedes un vídeo para traballar habilidades físicas que nos axudan a manternos en boa forma sen necesidade de desprazarnos a ningún sitio .

https://www.youtube.com/watch?v=AkAZ6eUKvCY&t=232s

martes, 28 de abril de 2020

Ponte en forma na casa!

Aínda que sexa nas nosas casas non debemos deixar de facer actividade física para seguir manténdonos en boa forma . O profe Iván déixanos una ligazón para traballar as pernas e o equilibrio.

https://www.youtube.com/watch?v=SE9nsvbstwE


viernes, 17 de abril de 2020

Zumba

O profe Iván déixavos un enlace para practicar zumba e mover o esqueleto , aínda que sexa na casa , esta fin de semana .
a zumbar!

viernes, 27 de marzo de 2020

blogues de Orientación , PT , AL ,Inglés e Relixión

Deixamos aquí os enlaces aos blogues de Orientación , Pedagoxía Terapéutica , Audición e Linguaxe , Inglés e Relixión do noso centro .
Neles atoparedes consellos , xogos e actividades para estes días de confinamento . Non deixedes de botarlles un ollo!
Orientación
PT
AL
Inglés
Relixión

viernes, 20 de marzo de 2020

Abalar móbil

  Deixamos aquí unha guía para aqueles pais e nais que aínda non empregades Abalar móbil e animámosvos  a que o fagades  , pois será unha ferramenta moi útil para seguir en contacto co profesorado , sobre todo neste tempo de ensinanza non presencial por causas de forza maior .


martes, 10 de marzo de 2020

8 de marzo , Día da Muller

Este ano , para conmemorar o 8 de marzo , homenaxeamos a mulleres galegas gañadoras dos Premios Goya .
En quinto e sexto as elixidas foron Emma Lustres e Isabel Antelo . 



                            

viernes, 28 de febrero de 2020

Día de Rosalía

Cada ano , o  24 de febreiro ,  celébrase o Día de Rosalía   . Como nesa data estabamos de vacacións de Entroido , foi no día de hoxe cando homenaxeamos á nosa escritora  máis importante . O alumnado de terceiro ciclo leu o Manifesto deste ano e colaborou no recitado colectivo dun dos poemas máis importantes de Rosalía .







lunes, 17 de febrero de 2020

Visita Casa das Ciencias e Domus

Hoxe fixemos una saída á Coruña para visitar a Casa das Ciencias e a Domus . Foi una mañá intensa , na que non paramos de divertirnos e aprender cousas moi interesantes . Esperamos volver !







viernes, 31 de enero de 2020

Día da Paz

O 30 de xaneiro celebramos, coma todos os anos, O Día da Paz.
Compartimos cancións, xogos e outras sorpresas con todos os compañeiros e 
compañeiras do cole.
Foi unha xornada inesquecible!





miércoles, 25 de diciembre de 2019

martes, 17 de diciembre de 2019

Plan Director da Garda Civil

             Hoxe tivemos no colexio unha charla moi interesante sobre o uso das redes sociais e internet.
         A axente da Garda Civil Sara Rodríguez  deunos uns bos consellos para usar as redes sociais, os videoxogos, etc. con responsabilidade, evitando os  perigos que pode haber e aproveitando todo o positivo que nos poden aportar.


jueves, 28 de noviembre de 2019

Saída Afundación Abanca Ferrol

O martes 26 de novembro visitamos a Afundación Abanca, en Ferrol, para participar nas actividades da mostra: Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia.