viernes, 19 de febrero de 2021

Día de Rosalía

 O vindeiro 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía e desde o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X (Ourense) queren compartir connosco un recurso que elaboraron para aproximarnos á vida da escritora.

Trátase dun Draw My Life narrado en galego por Uxía Salgado da Silva, alumna de 6º de primaria dese centro.




domingo, 31 de enero de 2021

MONTAXE mBot

Neste vídeo podedes ver o traballo de montaxe dos MBOTS que levamos a cabo os nenos e nenas de quinto e sexto . Xa estamos preparad@s para pasar á seguinte fase , é dicir , ensinar a quen queira aprender como hai que facer para que os robots boten a funcionar .
Animádevos a probar!



 

viernes, 15 de enero de 2021

Empezando ca robótica!

 Este ano no cole estamos desenvolvendo un proxecto de robótica educativa . Hoxe os rapaces e as rapazas de  quinto e sexto  montamos os robots Mbot e probámolos . Todos funcionaban xenial!!! 

Agradecemos a colaboración da nosa orientadora Alba e da profe de inglés Sandra .
















miércoles, 23 de diciembre de 2020

Visita dos Reis Magos

A pesar das dificultades que estamos a atravesar este ano , os Reis Magos non quixeron deixar de visitarnos , como fan sempre por estas datas .



 

martes, 1 de diciembre de 2020

viernes, 30 de octubre de 2020

Samaín e Magosto

Deixamos aquí unhas fotos  da celebración no cole do Samaín e Magosto 2020 .














lunes, 26 de octubre de 2020

Mochilas viaxeiras

 Hoxe , na hora de ler , recibimos a visita do noso ratiño Cusco . Viña acompañado da nosa  profe de inglés , Sandra , e traíanos un agasallo moi especial : a mochila viaxeira , chea de libros e outros materiais cos que pasaremos moitas horas de diversión nas vindeiras semanas .

Grazas , Cusco !




jueves, 22 de octubre de 2020

" ESTRAFALARIA "

 Hoxe , xoves 22 de outubro , os rapaces e rapazas de terceiro , cuarto , quinto e sexto de primaria  asistimos ao espectáculo " Estrafalaria " ,  a cargo de Atenea García . Foi unha actividade organizada pola Biblioteca da Capela .

Pasámolo moi ben , pois escoitamos historias divertidas e Atenea tamén nos falou de mulleres tan interesantes coma Rosalía de Castro , Gloria Fuertes , Frida Kahlo ou Violeta Parra .