viernes, 25 de marzo de 2022

Visita ao Museo Etnográfico e roteiro polo Sesín

 Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto tivemos a sorte de pasar toda a mañá con Secundino , o eterno mestre e director do noso colexio . Primeiro visitamos o Museo Etnográfico , onde vimos como vivían os nosos avós , bisavós ... É importante coñecer de onde vimos para saber hacia onde imos .

Despois fixemos un roteiro polo río Sesín . Como estamos en bastante boa forma física , non nos cansamos demasiado... 😏

Esperamos repetir axiña!

Grazas Secun!!!!


















viernes, 11 de marzo de 2022

Abellas na escola

 Hoxe visitounos Nicolás Taracido , un apicultor e divulgador de Pontevedra , que nos ensinou un montón de cousas moi interesantes sobre o mundo das abellas . Aprendemos como viven , como traballan , a grande variedade de produtos que nos ofrecen e , sobre todo , a súa importancia para que a vida siga existindo no noso planeta . 

Tamén probamos o mel tan rico que nos dan e mesmo fixemos unha bonita candea coa cera das abellas .

Grazas Nico!















miércoles, 2 de febrero de 2022

Videoconferencia ECOALF

 Hoxe , dende Madrid  , falamos mediante  videoconferencia con Carolina Blázquez , responsable de innovación e sustentabilidade da empresa ECOALF . Explicounos o grave problema que supón a cantidade de plásticos e outros refugallos que hai nos nosos mares , e tamén o que están a facer dende a súa organización para resolver o problema. Animounos a que nós mesmos e mesmas fagamos o que nos sexa posible para que entre todos e todas fagamos do noso planeta un lugar mellor onde vivir.

Foi unha charla moi interesante e agradecémoslle que nos adicara unha hora do seu tempo . Grazas tamén á nosa orientadora Alba por organizarnos esta actividade tan bonita! 😊












viernes, 28 de enero de 2022

Día da Paz 2022

 Como cada ano , celebramos na escola o Día Da Paz . Nesta ocasión quixemos darlle un carácter solidario , como debe ser , e xuntamos  comida para aqueles e aquelas que a poidan precisar . Agradecemos a colaboración das familias nesta recollida de alimentos .






jueves, 25 de noviembre de 2021

25 de novembro

Para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero , hoxe recibimos no cole a visita da ilustradora Estefanía Padullés . Con ela lembramos a mulleres famosas e a outras moitas que o deberían ser por todo o que fixeron e seguen a facer polos demais .

 Tamén nos metemos nós mesmos e mesmas no papel de ilustradores/as e , por riba , deixounos dous murais de animais moi bonitos. 

Grazas ao Concello da Capela por subvencionar esta actividade tan interesante e divertida!