miércoles, 9 de noviembre de 2022

" Convivir Deportivo " no Museo Etnográfico

 O programa da Radio Galega " Convivir Deportivo " , conducido por Alfonso Pardo , gravouse hoxe no Museo Etnográfico da Capela . O tema a tratar eran os xogos tradicionais e alí déronse cita algúns dos maiores expertos desta materia do noso país :  Alberto Casal , mestre de EF e antigo presidente de Brinquedia ; Xosé Manuel Barreiro , actual presidente ; Francisco Veiga , tesoureiro da AGXPT ; Manuela Vázquez , investigadora da Universidade da Coruña . Tamén nos acompañaron un vello coñecido do noso cole , o escritor e investigador Antón Cortizas e os eternos mestres Secundino e Xabier , que falaron , entre outras cousas , do proxecto Brinquedos e , en xeral , de todo o traballo feito ao longo de moitos anos para poñer en valor os xogos de sempre e , en definitiva , unha forma de entender a vida .

O alumnado de sexto fomos convidados a asistir e mesmo a participar na gravación do programa . Unha vez máis quedounos claro que xogar non é perder o tempo e ogallá nunca o esquezamos .

O programa " Convivir Deportivo " de hoxe emitirase na Radio Galega o sábado 17 de decembro de 13:00 a 14:00 horas , aínda que tamén poderedes escoitalo en calquera momento entrando na páxina web da Radio Galega .












viernes, 28 de octubre de 2022

Samaín e Magosto

 Coma cada outono celebramos na escola o Samaín . A maioría viñemos disfrazad@s , practicamos varios xogos tradicionais e recollemos premios polas cabazas que tan xenialmente decoramos nas nosas casas a última semana . Despois , no comedor , tamén comemos castañas e levamos algunhas para a casa . Para rematar un día tan especial , visitáronnos  nenos e nenas de sexto do ano pasado . A verdade é que estivo xenial!











martes, 25 de octubre de 2022

Plan Director : violencia de xénero

 Hoxe tivemos a segunda sesión do Plan Director deste curso . Nesta ocasión a axente da Garda Civil Sara Rodríguez falounos dun tema que , por desgraza , adoita aparecer nos medios de comunicación : a violencia de xénero . Deunos uns consellos moi valiosos para que , entre todos e todas , poidamos atallar este grave problema  e que , dunha vez por todas , deixe de existir .

Moitas grazas Sara e ata o ano que vén!






domingo, 23 de octubre de 2022

Maxia na Casa da Cultura

 O venres 21 asistimos na Casa da Cultura , convidad@s pola Biblioteca Municipal , a unha actuación do mago David Méndez , que nos presentou o seu espectáculo " Maxia de aquí e de acolá " . A verdade é que con cada ilusión que fixo deixounos coa boca aberta . 

Grazas Maribel por traernos unha actuación tan máxica!











martes, 18 de octubre de 2022

Plan Director

 Hoxe recibimos a visita , como cada ano , da axente da Garda Civil Sara Rodríguez , que nos falou de ciberseguridade . Como todos os días usamos internet para estudar e tamén para divertirnos temos que ser precavidos e precavidas para evitar os perigos cos que nos podemos atopar .

A semana que vén Sara vai volver e falaranos doutro tema moi importante : a violencia de xénero nas redes sociais .






martes, 4 de octubre de 2022

" Enraizadas " O remate

 Coa axuda de Paola  rematamos o obradoiro " Enraizadas " que comezamos a semana pasada . Na xornada de hoxe puxemos en común o resultado das entrevistas que fixemos e despois amosamos as nosas dotes de artistas , cunhas creacións moi orixinais que homenaxean a algunhas das mulleres máis importantes da nosa vida . Gustounos moito e esperamos seguir facendo actividades tan divertidas e enriquecedoras .

Grazas Paola e Andrea !













martes, 27 de septiembre de 2022

Obradoiro " Enraizadas "

 Hoxe tivemos a primeira sesión do obradoiro que a asociación Rexenerando , unha cooperativa sen ánimo de lucro de Ferrol , nos vai impartir .

A nosa nova amiga Andrea amosounos a labor de moitas mulleres importantes , coñecidas ou anónimas , que fan que a nosa vida sexa mellor cada día .

Tamén nos animou a entrevistar a algunha muller que admiramos e o vindeiro martes seguiremos compartindo esta experiencia .











miércoles, 22 de junio de 2022

Fin de curso e despedida de sexto

 O curso 2021-2022 chegou ao seu remate . Como cada ano , a nosa querida ANPA agasallounos cunha festa chea de sorpresas e diversións .

Para os rapaces e rapazas de sexto xa foi o seu último día como alumnos e alumnas do cole . Que rápido pasa o tempo !  Parece que foi onte cando empezastes con tres aniños e agora xa sodes uns mozos e mozas de secundaria... Esperamos que non nos esquezades , porque nós a vós dende logo que non . Sempre fostes un deses grupos que se fan querer e  que logran que o traballo dos profes sexa un verdadeiro pracer . Seguro que vos vai ir moi ben no insti e , aínda que xa non sexamos os vosos profes , sempre seremos @s vos@s amig@s!

Moita sorte e moitos bicos!  😍😍