viernes, 29 de septiembre de 2023

Composteiro e horto

 O noso amigo Ángel , de EuroEume, deunos hoxe unhas indicacións para botar a andar o noso composteiro e o futuro horto escolar . Quédanos unha importante tarefa por diante , xa que os nenos e nenas de 5º e 6º seremos os encargados e encargadas de facer a meirande parte do traballo e tamén transmitir a todo o cole a importancia deste proxecto . A ver se a finais de curso somos autosuficientes...

😉😉



viernes, 22 de septiembre de 2023

Mago Paco , Unha Maxia Diferente

 Convidados/as pola bibliotecaria da Capela , Maribel , este venres asistimos a un espectáculo inesquecible na Casa da Cultura . O Mago Paco , vello coñecido noso , sorprendeunos e divertiunos cos seus trucos . E por riba tamén puidemos ver o ben que bailan os profes do cole!

😂😂😂







viernes, 15 de septiembre de 2023

Saaabor !

 Comezamos un novo curso e a mellor maneira de facelo é con risas . A Concellería de Educación da Capela tróuxonos ao cole aos xeniais artistas de "Culturactiva Producións" e a súa obra "Saaabor!".

Fartámonos de rir coas súas historias e as súas "deliciosas" receitas...

Esperamos vervos axiña de novo por aquí!

😂😂😂







miércoles, 21 de junio de 2023

Fin de curso e despedida de sexto

 Por fin chegou o último día de cole deste curso . A verdade é que xa merecemos unhas boas vacacións...

Para despedirnos ata setembro tivemos primeiro a impresionante actuación do Mago Dani , que nos deixou coa boca aberta cos seus trucos !

Despois recibimos a visita de Xosé Manuel Ribeira , construtor de xoguetes de As Pontes , onde ten o seu  Museo Obradoiro " O Comezo das Cousas " . Ensinounos algunhas das súas creacións e axudounos a facer o noso propio xoguete cunha simple culler de madeira . Grazas e ata a próxima !

As sorpresas non remataron aí , pois cando estabamos comendo recibimos a visita sorpresa dos rapaces e rapazas de sexto do ano pasado .  E é que coma cada ano por estas datas toca despedir aos nenos e nenas de sexto , que deixan o cole para emprender unha nova etapa no instituto .

Sergio , Sara , Aaron , Icía , Adrián , Carla , Simón , Xan e Zeus :  Desexámosvos moita sorte , que sexades moi felices  e esperamos que veñades a visitarnos e non nos esquezades , porque nós a vós dende logo que non !

💓💓💓

















martes, 20 de junio de 2023

Educación viaria no cole da Capela

 Axentes da policía local de Narón desprazáronse ata o noso cole para impartirnos unha xornada de educación viaria . Formación e diversión a partes iguais . Teremos en conta os vosos consellos , grazas !!!

👮👮👮












lunes, 19 de junio de 2023

" Circando " na Capela!

 Grazas á Concellaría de Cultura da Capela por achegarnos ata o cole o espectáculo " Circando " . Unha mistura de humor , maxia , malabares e tamén moito espírito de superación .

👏👏👏











viernes, 16 de junio de 2023

Excursión de fin de curso

 Este ano a saída de fin de curso foi a Eumenatura , en Monfero . Alí Javier e as súas axudantes tíñannos preparadas moitas sorpresas e diversión . Pasámolo pipa!

Grazas e ata a próxima!

😀😀😀